El PP afirma que la última farola en el Garañón de Méndez es un fraude sin ningún aval técnico

By 16 noviembre, 2018 Infraestructuras, Urbanismo

El portavoz popular Antonio Ameijide considera “un insulto y una nueva estafa a los ciudadanos” la propuesta de la alcaldesa ya que ella misma reconoció que “no hay ningún informe” y le pide a Lara Méndez “que frene su histeria electoral y que actúe con rigor para evitar nuevos enredos y riesgos a costa de la urbanización de las costas del parque”

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide cualificou o anuncio da alcaldesa desta mañá de declarar zona verde os terreos do Garañón “como unha manobra electoral sen ningún tipo de aval técnico e económico”. Ameijide asegurou que “se trata  dun farol para tapar a súa incompetencia para resolver esta aberración urbanística”.

O voceiro popular manifestaba que a proposta da alcaldesa “trátase dun insulto e unha nova estafa aos cidadáns” e lle pedía á alcaldesa “que frene a súa histeria electoral e que actúe con rigor para evitar novos enredos e riscos á conta da urbanización das costas do parque”.Os populares ironizaban con que este anuncio “parece máis unha broma que unha solución real a un problema creado polos seus padriños políticos”.

O voceiro popular insistiu en que é “un atrevemento e unha irresponsabilidade lanzar este tipo de globos sonda sen unha garantía rigurosa de que se poida acometer”. O voceiro popular destacou que “incluso o concelleiro de urbanismo desautorizou  á alcaldesa cando na súa exposición inicial dixo que tiraría integramente o Garañón mentres que Piñeiro puxo de manifesto que non había ni proxecto, nin ningún informe técnico nin económico para a demolición do Garañón. Non son capaces nin de poñerse dacordo para soster as súas mentiras”.

O popular manifestou que “todo o que dixo ata o de agora o goberno socialista con respecto a esta urbanización foi mentira, estiveron tres anos intentando culpar a outras administracións”, subliñou Ameijide.

Antonio Ameijide explicou que a petición do seu grupo consta en acta que, a día de hoxe non hai proxectos para a demolición, nin estudos económicos e que tampouco hai documentos que avalen a legalidade, ou a posibilidade de facer esta zona verde, nin  cuantifiquen a zona verde que promete a alcaldesa.

O PP foi o primeiro en denunciar “a aberración urbanística das torres do parque” e tamén, o primeiro en reclamar “que se tirasen e gañar máis zonas verdes para Lugo” pero engadiu que antes de dar un paso coma este e arriscar ducias de millóns de euros dos lucenses “temos a obriga de pedir informes e avais técnicos

Responder

trece − diez =