Cultura

El PP acusa a Méndez de renegar del San Froilán y amparar la radicalización de las fiestas

By 17 julio, 2019julio 24th, 2019No Comments

El Partido Popular acusó a la alcaldesa de Lugo de amparar el pago con dinero público al cantante de un grupo que humilla a las víctimas del terrorismo. Para os populares a autonomía que lles concede Lara Méndez aos do BNG tradúcese “nun cheque en branco para que deseñen o cartel do San Froilán favorecendo a contratación de agrupacións dunha ideoloxía concreta politizando unhas festas que son de todos”.

Para os populares “a manga ancha e o pasotismo do PSOE de Lugo” pon de manifesto a súa “permisividade co seu socio no goberno” engadindo que “non son máis que uns mercenarios políticos que se quedan mudos con tal de seguir ocupando sillón e pisando moqueta”.

Ameijide insiste en que coa súa actitude a alcaldesa está avalando “que un individuo condenado por enaltecemento ao terrorismo cobre o seu caché pagado por todos os lucenses”.

Os populares recalcan que “a contratación de DefConDos foi a golpe de imposición. Todo o contrario ao espíritu que debería ter a organización das festas patronais onde sempre primou o consenso” .

Esta situación pon de manifesto “a debilidade do goberno socialista” e, nese senso, Ameijide pide “responsabilidade nas futuras contratacións” para que Lugo teña un programa que sexa para todos os públicos e non só para ideoloxías radicais.

O vicevoceiro popular amosou o seu asombro polas declaracións da rexedora local nas que se cualificou as festas do San Froilán como “pequena cuestión” lamentando “a pouca altura de miras da socialista por renegar das festas patronais”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies