Carballo repintará de manera integral a señalización de la ciudad e impulsará los cursos del parque López Mella

By 14 mayo, 2019 Lugo en marcha

El candidato popular a la alcaldía de Lugo afirma que cada euro invertido en prevención y seguridad viaria “es un euro bien invertido”, criticando la supresión de los cursos de primavera que viene de hacer Lara Méndez

Ramón Carballo ten como un dos seus obxectivos principais reducir os accidentes que se producen na cidade, un obxectivo para o que traballa coa mente posta en acadar os “accidentes cero”.

Para iso, o alcaldable popular desenvolverá numerosas medidas encamiñadas a reforzar a seguridade viaria, como son o reforzo da sinalización led, con detectores de presenza nos pasos de peóns máis transitados e perigosos, mantemento periódico e mellora da sinalización horizontal e vertical, mellorar a seguridade no contorno dos colexios, campañas de sensibilización, involucrando os cativos e as cativas na necesidade de cumprir as normas de tráfico, ou desenvolver cursos de reeducación viaria para maiores de 65 anos no parque de tráfico López Mella.

Especialmente preocupado se amosou o candidato popular coa situación do parque de tráfico López Mella, unha dotación pola que pasaron miles de lucenses dende a súa construción, impulsada por un goberno do Partido Popular, e que este ano verá como a súa actividade se reducirá á súa mínima expresión xa que o goberno socialista de Lugo non ten previsto realizar os cursos de primavera que anualmente se realizan. “É preciso potencias estes cursos e darlle a esta infraestrutura a importancia que ten. En materia de seguridade viaria temos que colaborar todos, a administración e os cidadáns. Por iso, realizar cursos de reeducación viaria é fundamental xa que está demostrado que co paso dosa nos que se dean circunstancias como perda de mobilidade, visión ou reflexos, polo que tomar conciencia desta perda é fundamental para garantir a seguridade”.

Ramón Carballo tamén ten previsto outro tipo de medidas como a remodelación das intersección máis perigosas, redimensionamento dos carrís en varios cruzamentos de Lugo para mellora de seguridade de peóns e condutores en puntos como de Pintor Corredoira coa Ronda de Fingoi ou a unión da Ronda da Muralla con a rúa Santiago, entre outros.

Responder

uno × cinco =