Carballo promoverá un programa de retención de talento para potenciar la investigación del Campus Terra

By 3 mayo, 2019 Lugo en marcha

El candidato a la alcaldía de Lugo Ramón Carballo explicó que cuando en junio sea alcalde potenciará la relación entre Concello y Campus “es  de justicia invertir en el talento lucense» aseguró tras visitar las instalaciones y el nuevo equpamento puntero del  Laboratorio de Hixiene, Inspección e Calidade dos Alimentos (LHICA) da Facultade de Veterinaria.

O alcaldable enumerou algunhas das medidas que levará a cabo si chega á alcaldía o vindeiro 26 de maio como son “promover convenios para a realización de estudos que sirvan de base para deseñar políticas municipais que promocionen as fortalezas de Lugo ou a  creación de  becas para alumnos universitarios teñan máis oportunidades para incorporarse á investigación e premios para os mellores expedientes de bacharelato.

Carballo explicou que quere promover un programa de retención de talento en colaboración co proxecto de BioReDes que agrupa a 16 grupos de investigación do Campus Terra destacando os proxectos que desenvolven estes laboratorios de cara a  impulsar a produción primaria integral sostible a través do I+D.

O popular tamén lembrou a súa reivindicación de implantar o grao de ciencias culinarias e gastronómicas “estamos a falar dun novo perfil profesional de futuro como é o de robótica”.

O alcaldable lembrou que “esta proposta que conta co aval da Asociación de Hostelería é pionera en Galicia e ofertaría unha formación específica para un sector que hoxe ten moitas oportunidades de futuro permitindo impulsar productos locais e desenvolver proxectos relacionados coa industria agroalimentaria. “Lugo ten un entorno único, tanto polo peso que ten a restauración, como pola materia prima da que dispoñemos polo que pelexarei para traer este novo grao ao Campus Terra”. O popular lembrou o traballo que se realiza no Grao de Nutrición Humana e Dietética así como o traballo da Escola de Hostalería do Instituto de San Xillao.

Durante a súa intervención Carballo lamentou a falla de visión da administración local á hora de potenciar o campus lucense como motor económico do municipio “é un gran erro vivir de espaldas á universidade”. O alcaldable lembrou que “mentres un dos políticos máis representativos do Partido Popular puxo en valor e impulsou á universidade outros amosan un desinterese manifesto en poñer en valor o seu potencial”. “A mellor proba do seu pasotismo témolo no kiosko e no anfiteatro abandonado que reciben aos que veñen a Lugo e entran polo Campus pola rotonda da Nacional VI coa confluencia con Alfonso X”.

Responder

cuatro × uno =