Tráfico

Carballo insta la Arrojo a escuchar las propuestas del PP para modificar a la ordenanza de circulación y así mejorar la seguridad de los peones en Lugo

By 22 enero, 2020No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Ramón Carballo invita al vicealcalde a tener en cuenta las aportaciones de los populares ya que la seguridad viaria es un campo en el que no caben colores políticos y en el que tenemos que ir todos de la mano para reducir el número de siniestros

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, pídelle ao vicealcalde Rubén Arroxo que sexa “máis valente e osado” e non se contente con realizar pequenos avances no seu plan de realizar o repintado dos pasos de peóns en Lugo.

Ramón Carballo sinala que as medidas anunciadas por Arroxo para protexer aos ciclistas e aos motoristas están ben, pero “se iniciamos un proxecto hai que ser ambicioso”. Neste senso, insta ao vicealcalde a sentarse coa oposición para escoitar “as nosas propostas” xa que entre todos podemos facer unha cidade máis segura para peóns e condutores.

Neste senso, o voceiro popular explica que deberían de estudarse medidas como a protección do peón á hora de cruzar, xa que na maioría de pasos de peóns de Lugo os condutores teñen case imposible ver aos peóns ata que chegan ao cebreado. Por iso, Carballo insta a Arroxo a estudar medidas como as que xa implantaron outros concellos de España e tamén nalgunhas zonas da cidade, como a instalación de pasos de peóns con isletas, de xeito que a beirarrúa invade parcialmente a calzada, e so ocupando o espazo necesario para asegurar que os peóns son visibles para os condutores.

En caso de que non sexa posible desenvolver esta medida, Carballo aconsella deixar un marxe de varios metros libres (a fórmula máis habitual é de cinco metros) antes de cada paso de peóns para garantir a visibilidade. Esta medida leva parello a eliminación dunha praza de estacionamento xusto antes do paso de peóns, pero ese espazo podería habilitarse para o estacionamento de motos, xa que non impiden a visibilidade e así se dotaría de prazas de estacionamento propias para este tipo de vehículos, “un medio de transporte cada vez máis habitual en Lugo”.

Ramón Carballo recorda que “é preciso” poñer todos os medios que temos ao alcance da man para poder poñer freo aos atropelos no casco urbano, xa que, segundo os últimos datos aos que tivemos acceso, preto do 80% dos atropelos en Lugo teñen lugar nas inmediacións dun paso de peóns. “Os datos amosan unha triste realidade á que temos que poñer coto. Falamos dun tema no que non caben cores políticas e no que temos que colaborar todos”, sinalou.

A estes datos, o voceiro popular engade que presentaremos preguntas en comisión para coñecer o número de atropelos rexistrados en casco urbano no Concello de Lugo durante o ano 2019 xa que a intención do Grupo Municipal Popular é coñecer o número exacto de atropelos a peóns, ademais de saber en que zonas é máis habitual que se produzan este tipo de accidentes e en que franxa horaria adoitan ter lugar a maior parte deles.

Ademais, e a raíz do último accidente que tivo lugar no cruce das rúas Río Sil e Rúa do Conde, o voceiro popular recorda que dende o Grupo Popular xa se pediu en numerosas ocasións unha solución para este punto negro para o tráfico en Lugo, tendo o seu último expoñente en marzo do ano pasado, cando se presentou unha proposta a pleno, que foi aprobada. Neste senso, Carballo sinala que xa houbo “tempo máis que suficiente” para dotar a este punto, e outros da cidade, de solucións, polo que urxe a facer efectivo este acordo plenario.

Este acordo contemplaba que os técnicos municipais avalíen a posibilidade de instalar unha rotonda, regulación semafórica ou outro tipo de regulación do tráfico que consideren oportuna os técnicos municipais, ademais de que o treito comprendido entre a rúa Conde e a rúa Río Eo se poña de novo de dobre sentido de circulación. Un acordo que xa se tiña que ser unha realidade xa que “non hai que facer unha gran inversión” o que demostra, unha vez máis, “a neglixencia do bigoberno”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies