Carballo explica su apuesta por unos servicios sociales “igualitarios” y que reduzcan los trámites burocráticos

By 12 febrero, 2019 Lugo en marcha, Sin categoría

El candidato del Partido Popular Ramón Carballo visitó diferentes asociaciones con sede en la casa Clara Campo Amor, a las que les expuso sus propuestas en materia de dinamización e integración y también escuchó sús aportaciones para poder incorporarlas a su programa electoral.

Neste encontro, o alcaldable popular fixo especial fincapé na “dinamización igualitaria dos barrios” un punto fundamental no programa de Ramón Carballo para garantir unha oferta equilibrada de servizos, recursos e actividades, así como a uniformidade no funcionamento dos centros de convivencia.

O candidato popular propón que a cidadanía lucense teña acceso aos recursos e actividades en igualdade de condicións para o que aposta por un regulamento que garanta un funcionamento uniforme dos centros sociais no que se refire a horariós e atencións asi como a criterios de acceso e participación.

Ramón Carballo tamén explicou que ten como obxectivo reforzar ao tecido asociativo de Lugo, ao que ve como un “piar fundamental” para o desenvolvemento da cidade, que precisa “da unión e do esforzo” de todos. Nese senso aposta por incrementar a coordinación e cooperación interadministrativa, garantindo a axilidade e transparencia na convocatoria e tramitación de subvencións aos diferentes proxectos sociais cos que traballan.

O popular tamén puxo sobre a mesa a súa intención de desenvolver accións de sensibilización e concienciación cidadá para promover un uso responsable dos recursos, así como o respecto polos espazos reservados á persoas con discapacidade ou contribuír á eliminación da estigmatización social de persoas en situación ou risco de vulnerabilidade, cuestións para as que considera fundamental fomentar o voluntariado.

Por todo isto incorpora ao seu programa a intención de impulsar diferentes plans municipais como o de Atención a Diversidade ou de Fomento do Voluntariado, que axuden a construir un Lugo máis inclusivo, mais igualitario e mais solidario.

Responder

1 × 2 =