Carballo asegura que ya trabaja para recuperar el apoyo de los lucenses y gobernar Lugo

By 29 abril, 2019 Lugo en marcha

El candidato a la alcaldía de Lugo felicita al Partido Socialista y anuncia que “desde, la posición de privilegio que tiene Lugo, comienzo mi trabajo para gobernar el municipio con decisión, con un proyecto claro y con objetivos definidos para conseguir el próximo 26 M los votos suficientes para poner la # Lugoenmarcha”

O candidato á alcaldía do Partido Popular puxo de manifesto que tanto el, como a maquinaria popular do municipio de Lugo, “traballan xa para recuperar o apoio dos lucenses que nestes últimos comicios non respaldaron a opción do Partido Popular”.

Ramón Carballo felicitou aos gañadores das eleccións xerais e explicou que o novo mapa electoral “ten que servirnos de aliciente para traballar, ainda máis duro se cabe, para achegar a nosa mensaxe aos cidadáns e para conseguir dárlle a volta aos resultados obtidos onte o vindeiro 26M”.

Carballo apelou á responsabilidade do PSOE cos lucenses agardando que “sexa un goberno para todos e que cumpra con Lugo como se merece”. “Esixiremos que Sánchez goberne para todos e que as promesas electorais socialistas con Lugo se cumpran” concluiu.

Responder

tres + 13 =