Carballo acusa al bigobierno de darle una nueva estocada al casco histórico en vez de impulsar iniciativas para revitalizarlo

By 17 septiembre, 2019 Infraestructuras, Tráfico

El Partido Popular ofrece alternativas ante la amenaza del cierre del aparcamiento Anxel Fole y localiza bolsas de suelo sin uso, en un entorno de unos 500 metros del recinto histórico, con una superficie toral de 20.505 metros cuadrados nos cuáles se podrían acondicionar unas 815 plazas de aparcamiento

Ramón Carballo lamentou hoxe que o bigoberno de Lugo “en vez de impulsar iniciativas para revitalizar o centro esté dándolle outra nova estocada aos pequenos comerciantes e hostaleiros que son o principal motor económico do casco histórico”. Así resumía o sentir que hai entre os colectivos directamente afectados e a cidadanía en xeral diante da ameaza do peche do parking Anxel Fole.

“Sabemos cal é a postura do BNG pero descoñecemos que é o que pensa a alcaldesa socialista” pedíndolle que se pronuncie públicamente e criticando que neste asunto intente pasar de perfil.
O voceiro popular acusou á alcaldesa de Lugo de “mirar para outro lado nun asunto vital e que poder afectar de forma grave ao futuro do Centro Histórico de Lugo”. “Queremos saber porque permite ao seu socio asinar o decreto de peche do maior parking de Lugo con case 400 prazas sen ter previstas alternativas para dar servizo aos que se achegan ao centro”. O popular indicou que “mentres vostedes xeneran problemas nós achegamos propostas para arranxalos”

Deste xeito Carballo trasladaba este mediodía aos representantes das asociacións veciñais, de comerciantes, de empresarios e de hostalaría do Casco Histórico a iniciativa que elevará o Partido Popular ao vindeiro pleno “co obxecto de que o goberno local leve a cabo un estudio para implantar aparcadoiros disuasorios no entorno do centro histórico de Lugo conveniando con propietarios de solares sen uso”.

Os populares localizaron ata varias bolsas de solo nun entorno duns 500 metros do recinto histórico cunha superficie toral de 20.505 metros cadrados nos cales se poderían acondicionar unhas 815 prazas. Carballo explicou que o concello podería facerse con algúns destes solares, de forma temporal, mediante convenio. A compensación por esta cesión podería ser bonificacións de taxas como o IBI ou ben que o concello asuma a limpeza destas fincas.

Carballo remataba pregúntandolle ao bigoberno “que está sucedendo para que o Centro Histórico de Lugo, o máis antigo de Galicia cun interese patrimonial e cultural importante que no seu día foi centro neurálxico de Lugo esté abandonado por parte del gobierno”. “Nestos 100 primeiros días de mandato vemos como se agravan os problemas de mobilidade, a peonalización é cuestionable e seguimos con problemas de limpeza …”

Dende o PP reclaman ao goberno municipal “a buscar opcións legais para evitar o peche do parking Anxel Fole” recalcando que “tanto na lei do solo de Galicia, no seu regulamento, no PXOM e no PEPRI hai ferramentas e argumentos que permitirían manter aberto este aparcamento”.

Responder

dos × uno =