Economíatransparencia

Carballo acusa al bigoberno de irresponsable por negarse a consensuar propuestas de mejora de las ordenanzas fiscales

By 23 octubre, 2019octubre 30th, 2019No Comments

El portavoz popular “decepcionado” por las formas con las que el bigoberno aborda un tema que afecta de forma directa a la economía doméstica de los lucenses quejándose de que “la reunión fuera solo de paripé para aparentar que hay diálogo cuando a la realidad es todo el contrario”

Ramón Carballo lamenta que o bigoberno rexeitase analizar a vintena de propostas que o Grupo Popular presentou para mellorar as ordenanzas fiscais que se aplicarán no vindeiro 2020. “Coa súa actitude queda claro que o bigoberno de Lugo non ten unha vontade real de rebaixar a presión fiscal, impulsar o emprego e favorecer a recuperación do patrimonio” resumía.

Trala reunión que tivo lugar esta mañá da Mesa de Ordenanzas o voceiro popular manifestou a súa “decepción pola falta de vontade dos socialistas para consensuar as modificacións das taxas e prezos públicos que se aplicarán no vindeiro exercicio”. “A concelleira de economía, coa complicidade do BNG, fixo unha única reunión ás presas para xustificar o que ían a aprobar en xunta de goberno xusto a continuación” criticando “que nin tan sequera puidemos acceder á documentación para analizala antes da xuntanza”.

Para Carballo esta forma de traballar confirma que estamos diante dun goberno que traballa a golpe de imposición, que fuxe da política dos consensos e do diálogo real”. “Nin tan sequera se esforzaron en aceptar un mínimo das nosas achegas malia que recoñeceron que moitas delas eran positivas” concluíu.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies