O PP pide o arranxo inmediato dunha beirarrúa en Acea de Olga ante o risco de que se afunda ao camiñar por ela

By 30 Outubro, 2019 Infraestruturas, Obras, Urbanismo

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Rafael Pérez sinala que se chegou a esta situación despois dunha fuga de auga, que se produciu o pasado 23 de outubro, o que desembocou en que a auga levara gran parte da terra sobre a que se asenta a beirarrúa, provocando que os adoquíns se afundan ao camiñar

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, denuncia que hai unha semana que os veciños de Acea de Olga sofren as consecuencias dunha fuga de augas, xa que a beirarrúa na que se produciu a fuga “é un verdadeiro perigo” xa que se afunde ao camiñar por ela.

Rafael Pérez sinala que a fuga se produciu o 23 de outubro na beirarrúa que une as rúas Estrada da Granxa e Campos Novos, unha zona moi transitada polos veciños deste barrio. O problema radica en que a fuga de auga desprazou gran parte da terra sobre a que se asentaba a beirarrúa, o que provoca “un perigo constante” para os lucenses, xa que ao camiñar por esta zona o chan afúndese. “Esta mesma mañá cando nos chamaron os veciños nos achegamos ata a zona e ao camiñar por ela comprobamos como se afunde o chan. É imprescindible un arranxo inmediato”, sinala.

O concelleiro popular explica que hai varios adoquíns que se desprenderon, o que permite ver como estes están agora mesmo no aire, polo que ao camiñar se afunden. Por iso, Rafael Pérez anunciou que presentará un rogo en comisión para que o bigoberno tome cartas no asunto e proceda a súa reparación de inmediato para non ter que lamentar ningún accidente nin danos persoais.

Responder

16 − 7 =