O PP lamenta que Lara Méndez se empeñe en incumprir a lei sobre o control horario de Pedro Sánchez

By 6 Maio, 2019 Persoal, Transparencia

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide recorda que Lara Méndez ten ata este 12 de maio para adaptar o Concello de Lugo á normativa que entrou en vigor o mes pasado en relación ao control da entrada e saída dos traballadores das empresas en España, unha normativa que, todo indica, “Lara Méndez tamén incumprirá” para seguir sumando irregularidades ao seu “nefasto mandato”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, recorda o mes pasado entrou en vigor a normativa relativa ao novo rexistro horario, pero Lara Méndez, seguindo a súa tónica habitual, “aínda non fixo nada”. Pese a todo, o popular recorda que a alcaldesa ten ata este 12 de maio para adaptar o Concello a esta nova normativa, pero todo indica que “non vai facer nada por cumprir a lei”

Antonio Ameijide sinala que a partir desta data, todos os traballadores de España terán que “fichar” á entrada e á saída do seu posto de traballo, unha medida encamiñada a rematar co gran número de horas extraordinarias realizadas polos traballadores deste país e que, posteriormente, non cobran, unha tónica á que “por desgracia” xa se acostumaron os traballadores deste Concello.

O voceiro popular recorda que esta medida é unha das reivindicacións realizadas polos propios traballadores do Concello ao Partido Popular en varias xuntanzas mantidas ao longo dos últimos meses, xa que os empregados municipais queren rematar coa “sangría” de horas extraordinarias “decretadas e asinadas por Lara Méndez e que logo non lles pagan”.

Responder

1 × 1 =