O PP insta ao bigoberno a preparar un plan de actuación para recuperar a Carballeira de Magoi

By 7 Marzo, 2020 Medio Ambiente

O Grupo Municipal do Partido Popular explica que recibiu numerosas queixas de veciños de Magoi e de Acea de Olga para que o Concello de Lugo realice unha intervención na Carballeira para recuperar a imaxe desta zona verde da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo denuncia o abandono ao que o bigoberno local someteu á Carballeira, unha zona moi frecuentada polos lucenses para camiñar, pero que nos últimos meses amosa unha imaxe moi afastada da que tiña tempo atrás.

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular explican que o deterioro experimentado por esta zona verde da cidade é un claro exemplo da ausencia de traballo do bigoberno que en lugar de manter a cidade nunhas condicións mínimas “a abandonaron”. “Se non se preocupan polo mantemento dunha das zonas verdes máis senlleiras da cidade, que podemos agardar para o resto de parques e xardíns municipais”, sinalan.

Unha zona na que tamén hai un local municipal “totalmente abandonado” e que transmite “unha imaxe nefasta” polo que o goberno local debería estudar cal é a mellor solución a aplicar neste punto, xa que “transmite unha sensación de abandono” nun punto que debería ser un referente da cidade de Lugo e polo que a diario pasan centos de lucenses.

 

Responder

fifteen − 6 =