O PP desvela que en Lugo se incumpren os prazos de resolución de licenzas de obra en máis do 90% dos casos

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide pide ao concelleiro de urbanismo “que se deixe de palabrerías e poña os medios que se precisan para axilizar a resolución de expedientes xa que, neste momento, os expedientes que chegan a este departamento tardan máis dun ano en resolverse”

Conseguir unha licencia de obra en el núcleo urbano de Lugo tarda una media de 376 días. Este é o cálculo que fixo o Grupo Popular tras analizar os datos que figuran nas actas das xuntas de goberno dos nove meses de deste 2019 (ata 2 de outubro) “neste periodo se resolveron 126 expedientes, e o retraso para informar as solicitudes de licenza para construír, rehabilitar o reforzar un edificio demóranse en algo máis dun ano”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que “hai exemplos que claman ao ceo” e que “demostran a nefasta política en materia de concesión de licenzas por parte do bigoberno”. O popular manifestaba que “de momento, ainda non se notou ningún cambio para solucionar o caos organizativo do departamento de urbanismo” asegurando que “as boas palabras do seu responsable deben ir acompañadas por feitos”.

Ameijide detallou que o montante do negocio xerado polas licenzas concedidas no que levamos de exercicio suma un total de 39.947.000 € polo que “o primeiro lastre do bloqueo das licenzas é que se frean as contratacións directas relacionadas con gremios vinculados ao sector da construción (electricistas, pintores, escayolistas); en segundo lugar, afecta ás empresas e negocios vinculados cos equipamentos (tendas de electrónica, mobiliario …). O terceiro lastre é o que repercute sobre o emprego indirecto e que afecta a un bo número de profesionais de diferentes sectores” concluíu.

O que solicitamos é que se axilicen os prazos de resolución das licenzas urbanísticas lembrando que existe un acordo de pleno a instancias do PP. Nesta iniciativa o PP incidía na necesidade de reorganizar o servizo de arquitectura e facer un reforzo, de xeito inmediato, dos departamentos implicados na tramitación de licenzas urbanísticas. Tamén se pedía establecer de forma temporal sistemas de colaboración cos técnicos municipais, para o estudo dos trámites de concesión das licenzas urbanísticas, a través de Evislusa, ou no seu caso, a contratación de asistencias técnicas, ata acadar uns prazos de resolución de licenzas acordes coa lei. Ameijide reflexionaba “xa lle demos hai un ano a solución a esta problemática só falta que tomen conciencia e se poñan a traballar para cambiar a dinámica do departamento de urbanismo”.

Responder

15 − 7 =