O PP denuncia que o bigoberno permite o saqueo do punto limpo ao non implantar medidas disuasorias

By 2 Marzo, 2020 Limpeza, Urbaser

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide desvela que o punto limpo segue a ser un imán para os ladróns xa que o bigoberno segue sen poñer en práctica medidas disuasorias para evitar que os amigos do alleo entren nesta instalación ao seguir sen instalar un peche perimetral “en condicións” o que facilita que os cacos realicen constantes butróns para roubar

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, lamenta que o punto limpo de Lugo siga ser un obxectivo claro dos ladróns sen que o bigoberno siga sen facer nada para solucionar esta situación, a pesar de que hai un acordo plenario tomado por unanimidade, a iniciativa do Partido Popular, no que se instaba ao goberno local a reforzar o peche perimetral, recuperar o horario de xornada continua e revisar o regulamento de uso desta instalación.

Antonio Ameijide pon de manifesto que o punto limpo do Polígono de O Ceao segue a ser un imán para os cacos xa que cada noite seguen a “saquear” esta instalación, chegando ao punto de que os ladróns xa teñen un sistema definido de actuación, de xeito que o peche perimetral quedou por completo ao descuberto, polo que agora os amigos do alleo teñen un acceso máis doado a toda esta dotación polo que, agora mesmo, todo o peche perimetral esta cheo de buratos que converten o punto limpo no “punto aberto” aos cacos

Non é a primeira vez que dende o Grupo Popular se denuncia a situación que se vive no puno limpo, pero a situación “está chegando a tal extremo” que a parte traseira desta instalación xa comeza a asemellarse a un vertedoiro incontrolado. “Hai ducias televisores, lavadoras e todo tipo de aparatos electrónicos tirados na parte de atrás e incluso unha lavadora sen que o bigoberno se decida a dar unha solución a este problema que pode xerar un problema medioambiental”, sinalou.

Antonio Ameijide pide tamén unha revisión do horario do punto limpo (de luns a sábado de 10:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas) e das cantidades que se poden depositar de determinados residuos. O horario o que produce é que os cidadáns que se achegan ata alí atopan a porta pechada e teñen que volver noutra ocasión ou buscar outras alternativas para poder reciclar os residuos.

O concelleiro popular afirma que o bigoberno, en lugar de reforzar estas actuacións con investimentos complementarios, o único que fixo foi “mirar cara outro lado” permitindo que os amigos do alleo sigan a campar ás súas anchas polo punto limpo. Os butróns no peche perimetral son constantes e, en lugar de pechar o punto limpo cun muro cego, seguen a poñer “remendos” a algún dos buratos que se abriron desde hai meses.

Responder

fifteen + sixteen =