Medio AmbienteParques infantís

O PP denuncia que o abandono ao que o bigoberno somete ao parque de Frigsa, un dos pulmóns de Lugo

By 16 Novembro, 2019Novembro 18th, 2019Sin comentarios

A concelleira do Grupo Municipal do PP Sagrario Sánchez explica que o bigoberno debería preocuparse máis por arranxar todas as beirarrúas e o pavimento das rúas do parque de Frigsa, unha zona que foi un dos centros neurálxicos de Lugo e que agora transmite “tristura”

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Sagrario Sánchez, lamenta o deixamento do bigoberno co parque de A Milagrosa, máis coñecido como parque de Frigsa, onde veñen de inaugurar un paseo da fama cinematográfica, ao carón de numerosas beirarrúas sen mantemento, zonas cheas de suciedade ou zonas de xogos descoidadas, nunha zona que nos últimos meses empregan como caixón de xastre para deixar calquer elemento do mobiliario urbano que se retira da cidade.

Sagrario Sánchez lamenta a imaxe que se ofrece a todos os lucenses que se achegan ata esta zona verde da cidade, un dos pulmóns que hai en Lugo, xa que o bigoberno está facendo que este parque “se bote a perder” debido a total falta de mantemento. “Se queremos facer iniciativas para potenciar o parque, mellor sería que o bigoberno comezase por dar un lavado de cara a esta zona”, sinalou.

Antes o parque de Frigsa era unha zona moi concorrida para os lucenses, pero agora, o sentimento que transmite “é de abandono e de tristura”. Practicamente todas as zonas verdes precisan dunha intervención inmediata, as xardineiras están rotas ou a piques de romperse, as zonas de xogo infantil necesitan mellorar a súa imaxe e aseo e incluso hai buratos de grandes dimensións sen pechar nas zonas de paso.

Agora mesmo, o parque de Frigsa, lonxe de ser a zona de ocio que congregaba cada día a centos de lucenses, converteuse nun punto onde depositar todo o material que non serve para o Concello. Hai meses que o quiosco que se retirou da Praza da Milagrosa por mor das obras de peonalización se tirou neste parque ata “novo aviso”, restos de obra ou pedras que se retiraron doutro punto da cidade. “É incrible que un bigoberno que se di progresista e que incluso presume de crear un barrio sostible converta un dos pulmóns verdes da cidade nun vertedoiro”, ao que engade que as marquesinas vellas ou rotas do transporte urbano está depositadas por diferentes zonas do parque.

Dende o Grupo Popular vemos que é preciso “un plan de acción” para facer un lavado de imaxe ao parque de Frigsa e que volva a ser ese lugar de ocio e de paseo para todos os lucenses, unha zona que nas dúas décadas pasadas era un dos puntos neurálxicos da cidade e que co paso do tempo e de gobernos que se cualificaron como progresistas “fixeron diminuír a súa importancia, deteriorándoo ata o punto de transmitir unha sensación de abandono e decadencia”.

É suficiente con dar un paseo dende a Avenida da Coruña, baixando por diante do auditorio Gustavo Freire, para encamiñar a saída por Monte Faro, á altura da piscina municipal, para comprobar a falta de limpeza e aseo tanto dentro como nos arredores do parque.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies