O PP critica que Maite Ferreiro asegure que non depende dela a cobertura das baixas na Escola Municipal de Música

By 20 Febreiro, 2020 Cultura, Transparencia

Beatriz Vázquez lamenta que serán os alumnos da Escola Municipal de Música os que paguen a falta de traballo de Maite Ferreiro porque de non cubrir as baixas os estudantes perderán todo o curso

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Beatriz Vázquez, non entende a postura tomada pola concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, que tamén se desentende das súas funcións á fronte da Escola Municipal de Música, xa que na comisión de Cultura de hoxe Ferreiro asegurou que “a cobertura das baixas dos profesores non depende dela, senón que se debe corrixir na RPT”.

Beatriz Vázquez lamenta a “nula preocupación” de Ferreiro polos problemas da Escola Municipal de Música, xa que de seguir por este camiño será o alumnado o que pague a súa falta de traballo, “porque perderán todo o curso” xa que seguirán sen profesores.

Responder

two × three =