ProposiciónTransparencia

O PP busca o apoio do pleno para que o Concello se sume á petición para que Pedro Sánchez explique ante o Congreso o seu pacto con Bildu e ERC

By 26 Xaneiro, 2020Xaneiro 27th, 2020Sin comentarios

Desde o Grupo Municipal do Partido Popular explican que todo cargo público cando toma posesión do mesmo promete ou xura cumprir fielmente as obrigacións do devandito cargo con lealdade ao Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado, e a pesar desta obrigación legal e moral, Pedro Sánchez fixo afirmacións contrarias a algúns dos principios recollidos na Constitución

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo presenta no vindeiro pleno unha moción dirixida a apoiar a que o Congreso dos Deputados interpele ao presidente do Goberno sobre os acordos aos que chegou con independentistas e populistas e se rexeite a actuación dun presidente que pactou con aqueles que pretenden rematar co consenso constitucional e a igualdad de todos os españois.

Os populares explican que todo cargo público cando toma posesión do mesmo debe prometer ou xurar “pola súa conciencia e honra cumprir fielmente as obrigacións do devandito cargo con lealdade ao Rei,  e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado” e a pesar desta obrigación legal e moral, Pedro Sánchez fixo afirmacións abertamente contrarias a algúns dos principios recollidos na Constitución, principios que constitúen o fundamento de España como nación e como Estado de Dereito.

Entre outras afirmacións, Pedro Sánchez dixo en referencia a Cataluña que hai que “devolver á política un conflito político” e “retomar a única vía posible: a política, retomar a senda da política, deixando atrás a  xudicialización do conflito e a deriva xudicial que tanto dor e tanta fractura causou en boa parte da cidadanía catalá e española. Tamén asegurou que a lei por se soa tampouco basta” e que “existe un conflito político que temos que resolver” e anunciou que “vai crear unha mesa de diálogo bilateral entre o Goberno de España e o Goberno da Generalitat de Cataluña”.

Ademais, Pedro Sánchez e o PSOE, nos pactos que subscribiron con outras formacións políticas para garantir que apoiarán, de maneira activa ou pasiva, a súa investidura comprometéronse a impulsar, a través do diálogo entre partidos e institucións, as reformas necesarias para:

 

  • Adecuar a estrutura do Estado ao recoñecemento das identidades territoriais, acordando, no seu caso, as modificacións legais necesarias, a fin de atopar unha solución tanto ao contencioso en Cataluña como na negociación e acordo do novo Estatuto da CAV, atendendo aos sentimentos nacionais de pertenza.
  • As medidas en que se materialicen os acordos serán sometidas no seu caso a validación democrática a través de consulta á cidadanía de Cataluña, de acordo cos mecanismos previstos ou que poidan preverse no marco do sistema xurídico-político.

 

Como se pode observar, as afirmacións realizadas por Pedro Sánchez en diversos apartados dos acordos asinados polo PSOE reflicten certos compromisos que, no mellor dos casos, entran en flagrante contradición co establecido na Constitución e noutras importantes disposicións do ordenamento xurídico.

Por iso mesmo se pretende instar ao presidente do Goberno para romper os seus acordos con ERC e  Bildu; que todos os grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados soliciten a comparecencia de Pedro Sánchez para ser interpelado sobre os seus pactos e que os grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados, a través dos seus deputados, presenten unha moción para rexeitar a actuación do Presidente do Goberno, un presidente do Goberno que pactou con aqueles partidos que buscan romper a unidade española e acabar coa democracia e o Estado de Dereito vixentes no noso país.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies