O voceiro popular lamenta que “nin avisando o bigoberno foi capaz de reaccionar é de garantir que as luces navideñas estén listas o vindeiro 2 de decembro, unha data que eles mesmos fixaron”

O voceiro do Grupo Popular di que “é unha burla que o bigoberno de Lugo, por falta de previsión, provoque un retraso no encendido das luces de Nadal.

Ramón Carballo lamenta que, unha vez máis, o prego de contratación do alumeado navideño se publicou tan tarde “estaban máis que avisados para que se anticipasen e non se lles botase o tempo enrriba pero, como todo, chega tarde mal e arrastras”.

“Unha de dúas” asegura Carballo “ou ben incumpren os prazos e a empresa traballa sen contrato, ou ben vaise retrasar o alumeado navideño”.

O popular fixo esta reflexión logo de analizar os prazos xa que “segundo se especifica no prego de condicións as arcadas e elementos luminosos que se coloquen terían que estar rematadas, probadas e en perfecto estado o 2 de decembro. Esta operación é imposible xa que, dende que se adxudica o contrato (13 de novembro) hai que contar 15 días hábiles, por se hai reclamacións, sendo a data de formalización do contrato o o 4 de decembro.  A partir dese momento hai que contabilizar  5 días para asinar o contrato”.

Carballo amosa o seu asombro pola deixadez do bigoberno “vai gastar os cartos de todos pero sen garantir que haxa luces no período que anunciaron; salvo que se salten a lei e fagan a montaxe de xeito irregular saltándose os prazos administrativos”.

“É lamentable a falta de sensibilidade de PSOE e BNG á hora de contribuir a crear unha atmósfera e un ambiente propicio para incentivar as compras e, deste xeito, colaborar co comercio local tan afectado pola crise da covid que estamos a vivir”, concluiu. O decreto no que se adxudica a Creaciones luminosas este traballo por un importe de 123.334,63 é do venres 13 de novembro.

Leave a Reply

7 + 15 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies