Servizos sociaisTransparencia

O PP avisa de que o descontrol e a falta de xestión pon en perigo as actividades nos centros sociais

By 21 Xaneiro, 2019Sin comentarios

A concelleira popular Mari Teijeiro denuncia a despreocupación do goberno de Lara Méndez que deixa na incertidume aos usuarios dos centros sociais, dos cales moitos pagan unha taxa para participar nas actividades socioculturais suspendidas esta semana, feito polo que o Grupo Popular formulará varias preguntas ao goberno local

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Mari Teijeiro, denuncia que o descontrol e falta de xestión por parte do goberno de Lara Méndez pon en perigo as actividades que se desenvolven nos centros sociais municipais, nas que participan unhas 2.400 persoas.

Mari Teijeiro asegura que no goberno local tiñan coñecemento, desde o mes de setembro, de que a empresa concesionaria deixaría a prestación das mesmas, polo que “é patente” a falta de implicación por parte dos socialistas para sacar a licitación un novo contrato que garanta a dinamización dos centros sociais. Pola contra, o goberno local escúdase en que a empresa que realizaba estas actividades non remitiu toda a documentación necesaria para a redacción do novo pliego, afirmación que “os delata” nunha falta de control “total e absoluta” do cumprimento do citado contrato.

A falta de previsión e de traballo do goberno local ten como consecuencia unha paralización das actividades, polo menos nesta semana, que o goberno socialista trata de solucionar “coa súa fórmula habitual: tirar de improvisación e parches”. Nesta ocasión a opción dos socialistas é manter as actividades a través dun “contrato ponte”, que non é máis que un contrato menor, que está limitado por lei a 15.000€, e que como moito solucionaría a situación “durante un mes ou mes e medio” a urxencia por reiniciar o servizo e a provisionalidade á que se expón a nova empresa “incrementa, sen dúbida, o prezo”. Mari Teijeiro engade que o goberno local se arrisca de novo a non cumprir os prazos que están a dar, xa que só invitaron a tres empresas a presentar oferta.

Por iso, desde o Grupo Popular se formularán varias preguntas ao goberno local para coñecer, entre outras cousas, ata que límite se pode elevar o prezo da hora, cantas horas poderá chegar a cubrir con ese límite orzamentario e como ten previsto dar continuidade ás actividades cando se esgote o orzamento máximo de 15.000€ se chegados a ese punto aínda non se adxudicou o novo contrato, cuestión “imposible” no prazo dun mes tendo en conta os prazos legais.

Nese senso, Teijeiro teme que, unha vez esgotado ese orzamento, se deteñan de novo as actividades socioculturais ata a adxudicación do novo contrato xa que legalmente non é posible nin ampliar este contrato menor de 15.000€ nin facer un novo contrato menor-ponte xa que “se tratan de facer un novo contrato menor para o mesmo fin estaríamos a falar de fraccionamento de contrato, unha ilegalidade, polo que agardamos que a alcaldesa non tente saltar de novo a lei e lle pida a ningún funcionario que asine este novo documento”.

A realidade é que por moi rápido que se realice a tramitación dos novos pliegos a formalización do novo contrato non vai a ser posible antes dun mes, polo que unha vez esgotados os 15.000€ “da solución máxica improvisada polos socialistas” probablemente os centros sociais terán que suspender as actividades e algúns pecharán en horario de tarde, ao non dispoñer de persoal que os abra.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies