O PP asegura que na montaxe da visita ao Cuartel de San Fernando a alcaldesa gastou o máis que no seu mantemento nos últimos tres anos

Os populares lamentan que “a alcaldesa de Lugo impulse actuacións que buscan a confrontación en vez de asumir buscar consensos e propiciar o diálogo”

O Partido Popular afirma que a visita que hoxe organizou o bigoberno ao Cuartel de San Fernado custou máis que todo o que leva investido a alcaldesa en mantemento deste inmoble nos últimos 3 anos.

Os populares cren que a foto das xornadas de portas abertas do cuartel “fixeron correr un risco innecesario aos que participaron nesta visita”. “Unha mostra de que foi un paripé é que o percorrido foi mínimo, duns metros ata chegar ao patio central, ao que nin se puido acceder”, matizaron.

“O que quedou claro é que o PSOE e o BNG abriron as portas dun dos vinte edificios que son de titulariedade municipal e que deixaron abandonados durante anos”. Os populares piden ao bigoberno que “en vez de pór en práctica manobras políticas para abrir unha nova confrontación coa Xunta traballen a prol do diálogo”. Para o PP o Cuartel de San Fernando debe ser un referente a nivel galego” pero poñen en tea de xuizo “a capacidade do bigoberno á hora de poñer en marcha un novo museo cando son incapaces de pór a funcionar os que xa teñen como é o caso do MIHL”.

Responder

8 + 3 =