InfraestruturasProposiciónTransparencia

O GMPP lamenta que o bigoberno decida vetar a entrada a todas as instalacións municipais abandonadas polo goberno local

By 28 Novembro, 2019Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular lamentou que o bigoberno decidise votar en contra da proposta realizada para ampliar ‘o tour da vergoña’ iniciado por Lara Méndez para amosar á cidadanía como o goberno local abanonou numerosos edificios municipais. Unha proposta na que chama a atención o sentido do voto do BNG, que hai dous anos votou a favor de permitir a entrada nos edificios municipais abandonados, pero hoxe decidiu cambiar o seu parecer.

O Concello de Lugo conta actualmente con numerosos edificios que non teñen un uso definido, algúns deles precisan ser rehabilitados ou unha profunda reforma para que poidan ofrecer algún tipo de servizo, nese sentido podemos destacar as vellas ETAP e EDAR, os depósitos de Frigsa e A Piringalla, o matadoiro municipal, ou a Fábrica de Luz, etc.

O Grupo Municipal do Partido Popular sendo consciente desta situación presentou unha Proposición non Pleno ordinario celebrado o 26 de xaneiro do ano 2017 para establecer un programa de visitas e que se elaborase un plan de aproveitamento das instalacións que non teñen uso definido.

Lamentablemente o equipo de goberno incumpriu este acordo plenario, pero hai uns días, iniciou unha serie de visitas ao Cuartel de San Fernando pero que non dan resposta á necesidade imperiosa de dar unha solución aos múltiples edificios de titularidade municipal que están abandonados, e que precisan dun plan de acción para poñelos en valor e darlle un uso adecuado para que reverta de forma positiva na cidade.

Ante esta situación de parálise no Concello de Lugo, consideramos que é necesario crear unha mesa de traballo con representación de todos os grupos da Corporación, así como por técnicos municipais para elaborar unha proposta conxunta coa finalidade de recuperar e poñer en valor todos os edificios que son de titularidade municipal pero que non teñen un uso definido.

Por todo isto, o Grupo Municipal Popular que suscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

Instar ao equipo de goberno a que establezca un programa de visitas aos edificios de titularidade municipal que non teñen un uso definido, para comprobar o estado real dos mesmos, e constituir unha mesa de traballo formada por representantes de todos os grupos da Corporación e por técnicos municipais, co obxecto de planificar o futuro dos edificios de titularidade municipal que actualmente non teñen un uso definido.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies