Conseguimos o respaldo unánime do pleno ás 3 proposicións que presentamos

By 30 Novembro, 2017Medio Ambiente, Outros
Votación pleno novembro

O PP consigue o respaldo unánime do pleno a actualizar o inventario municipal, promover un convenio para embelecer espazos públicos e crear un 4º canil en Lugo

No debate da sesión ordinaria do pleno que se desenvolveu esta mañá quedaron aprobadas por unanimidade tres iniciativas de autoría do Grupo Popular.

O voceiro popular Antonio Ameijide valorou como positivo o respaldo  recibido á vez que pedía unha maior autocrítica ao goberno socialista xa que “pleno tras pleno, en vez de asumir as súas eivas na xestión, escúdanse nas mesmas disculpas”. Ameijide referíase á declaración da responsable de economía, Ana Prieto,  quen manifestou que non se actualizaba dende hai 14 anos o inventario do patrimonio municipal porque había un funcionario de baixa “é unha desfachatez que un concello de case 100.000 habitantes se paralice pola baixa de un funcionario, temos un goberno que non está a altura dos lucenses” reflexionou o popular.

O pleno tamén aprobou outra iniciativa para que o Concello de Lugo lidere un proxecto de arte na rúa no que se conte coa participación da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón así como  cos diferentes profesionais do deseño e pintores locais  coa idea de “mellorar a imaxe dos elementos cos que xa contamos e que afean o espazo público porque están moi deteriorados, con pintadas ou sucios como son, por exemplo, os armarios de instalacións eléctricas e de tráfico, medianeiras …”. A concelleira popular Encarna Amigo matizou que unha vez aprobada esta proposición o Partido Popular en aras a que se concreten os términos do convenio deste programa elevará un rogo á vindeira Comisión de Cultura para que se defina si se realiza un concurso de ideas; se se establecen premios para incentivar a participación, a selección de elementos onde intervir … etc

A terceira proposición que se aprobou por unanimidade foi a relativa á creación dun novo canil en Lugo. Os populares presentan esta actuación neste momento porque no último ano, no Concello, rexistrouse un aumento de 1.500 perros identificados no concello de Lugo. A concelleira popular Ana López Pombo defendeu esta dotación indicando que “estamos falando dunha necesidade real e  cremos que é bo que o goberno local emprenda e execute accións encamiñadas a mellorar a atención deste animais de compañía” . A futura ubicación é unha cuestión que queda aberta a que se estude cal é a mellor localización suxerindo entre outros lugares un bancal do parque Rosalía, paseo do Miño, inmediacións de Abella ou parque dos Paxariños entre outros.

Por último, dende o PP plantexaron que dende o Concello se difunda e recoñeza a empresas, entes públicos e particulaes que colaboran para facer de Lugo unha cidade máis amigable coas mascotas xa que “hai que incentivar a relación con elas dende o respeto e a convivencia”.

Responder

3 × 3 =

Facebook Like Box