O PP ve “infrautilizada” a Casa da Xuventude malia pagar ata 5000€ mensuais por unha mínima actividade

By 16 Xaneiro, 2017 Educación

A concelleira popular Ana López Pombo critica que os socialistas “tras 5 anos, dende a apertura desta dotación, seguen sen saber que facer con ela” o que confirma que “a súa construción responde ao afán do PSOE de Lugo por ter un xoguete novo, financiado con fondos do Plan E, do que presumir en período electoral”

O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia que o goberno local está pagando “preto de 5.000€ mensuais por manter aberta a Casa da Xuventude, sen apenas ofertar actividades para a mocidade, nos períodos vacacionais onde, mozos e mozas, teñen máis tempo para o ocio”. A este gasto, que a concelleira  popular estimou tomando como base os 64.660€ anuais que pagamos á empresa que xestiona as actividades que se desenvolven neste espazo, habería tamén que engadir os custes da limpeza, electridade e calefacción que tamén pagamos con fondos do Concello.

Ana López Pombo explicou que dende “o sábado 17 de decembro e ata, como mínimo, finais deste mes de Xaneiro non hai ningunha programación específica na Casa da Xuventude, salvo as actividades do +XTí que se repiten os sábados de 16.30 a 20.30 hras”. Para a popular “é unha tomadura de pelo que os socialistas se permitan o luxo de ter aberto este edificio sen presentar unha programación específica para o Nadal ou mesmo para os meses de verán” en alusión á ausencia de  programación específica durante o 3 de xuño ata o 17 de outubro.

A popular  afirma que o PSOE de Lugo, dende o primeiro momento, despilfarrou fondos públicos nunha dotación “feita e mantida sen criterio” salientando  que “despois de construir un edificio, do que tanto presumiron en período electoral, agora resulta que despois de 5 anos da súa posta en funcionamento o único que temos é un inmoble no que a actividade é mínima e, por riba, a pouca que hai non se publicita o suficiente. De feito, na web do  Concello tan só está colgada a programación do 2015/2015”.

A esta falta de ideas e iniciativa súmase, agora, o feito de que levamos varios días co contrato da empresa que xestionaba a programación caducado. Diante desta situación o único que podemos pensar é que intentan ocultar aos lucenses que existe esta dotación porque non saben que facer con ela.

A popular tamén pediu explicacións ao goberno local da xestión que teñen previsto facer a curto e medio prazo deste espazo xa que “o pasado 9 de xaneiro caducou o contrato coa empresa que coordinaba e desenvolvía as actividades tanto na Casa da Xuventude como na Casa da Música”. López Pombo matizou que  “este é un bo momento para repensar a que se vai destinar esta dotación e incluir no prego de condicións melloras que redunden neste servizo”.

A concelleira popular avanzou que solicitará información detallada sobre o funcionamento e o mantemento desta infraestructura: os custes de funcionamento, os importes que se pagan por calefacción, teléfono, electricidade, cursos impartidos, número de usuarios que asisten …

O edificio da Casa da Xuventude fíxose con fondos do Plan E. Tanto a execución como a posta en funcionamento foron polémicas. A obra, que se rematou o 31 de decembro do ano 2010 tras dúas prórrogas para a súa execución, tivo un custe de 991.200 € aos que habería que sumar os 199.379 € do acondicionamento da parcela.

Durante a execución das obras houbo numerosos problemas pola falta de previsión do goberno local con parón da obra por encontrarse tendidos eléctricos no terreo onde se fixo a edificación e prórrogas inxustificables para rematar tanto o edificio como o acondicionamento exterior.

Responder

four + fifteen =