Carballo propón retomar plenos e comisións informativas, por vía telemática, para recuperar a normalidade democrática

By 24 Abril, 2020 Proposición, Transparencia

Os populares afirman que “todo apunta a que o goberno local non ten pensado convocar o pleno ordinario de abril polo que,  mentres non se recupere a actividade presencial, pedímoslle que amparado na nova normativa do Ministerio se reanuden, de forma telemática e de xeito inminente, os plenos ordinarios e comisións informativas”

O Grupo Popular propón retomar “os plenos e as comisións permanentes previas, polos medios telemáticos e electrónicos previstos para o seu correcto funcionamento. O voceiro popular Ramón Carballo cree que é o momento de recuperar a normalidade democrática, dentro do estado de alarma pola covid19 e, nese senso, solicita reemprender, de xeito, virtual a rutina da actividade municipal ordinaria.

O popular reflexionaba “se se pretende que a lealdade institucional e a participación dos grupos da corporación faciliten a recuperación económica no ámbito municipal, resulta indispensable facelo a través do Pleno, como órgano representativo e de debate político, favorecendo a adopción de acordos co maior respaldo posible”.

Ramón Carballo trasladou esta petición, esta mesma mañá, cunha notificación por rexistro que se ampara no Real Decreto de 31 de marzo “que permite celebrar sesións e adoptar acordos a distancia, por medios electrónicos e telemáticos”.

Neste escrito do Grupo Popular, dirixido á alcaldesa,  indícase que “se ben está aprobada a celebración dun pleno mensual, e xa non se celebrou o que correspondía ao mes de marzo e todo apunta a que o de abril tampouco se vai convocar, sería convinte buscar as canles alternativas que permitan, o máis axiña posible, a celebración deste órgano de máxima representación política dos cidadáns coas garantías necesarias e suficientes”.

Responder

17 − five =