Lugo en marcha

Carballo promoverá un programa de retención de talento para potenciar a investigación Do Campus Terra

By 3 Maio, 2019Sin comentarios

O candidato á alcaldía de Lugo Ramón Carballo explicou que cando en xuño sexa alcalde potenciará a relación entre Concello e Campus “é de xustiza investir no talento lucense” asegurou tras visitar as instalacións e o novo equipamento punteiro do Laboratorio de Hixiene, Inspección e Calidade dos Alimentos (LHICA) da Facultade de Veterinaria.

O alcaldable enumerou algunhas das medidas que levará a cabo si chega á alcaldía o vindeiro 26 de maio como son “promover convenios para a realización de estudos que sirvan de base para deseñar políticas municipais que promocionen as fortalezas de Lugo ou a  creación de  becas para alumnos universitarios teñan máis oportunidades para incorporarse á investigación e premios para os mellores expedientes de bacharelato.

Carballo explicou que quere promover un programa de retención de talento en colaboración co proxecto de BioReDes que agrupa a 16 grupos de investigación do Campus Terra destacando os proxectos que desenvolven estes laboratorios de cara a  impulsar a produción primaria integral sostible a través do I+D.

O popular tamén lembrou a súa reivindicación de implantar o grao de ciencias culinarias e gastronómicas “estamos a falar dun novo perfil profesional de futuro como é o de robótica”.

O alcaldable lembrou que “esta proposta que conta co aval da Asociación de Hostelería é pionera en Galicia e ofertaría unha formación específica para un sector que hoxe ten moitas oportunidades de futuro permitindo impulsar productos locais e desenvolver proxectos relacionados coa industria agroalimentaria. “Lugo ten un entorno único, tanto polo peso que ten a restauración, como pola materia prima da que dispoñemos polo que pelexarei para traer este novo grao ao Campus Terra”. O popular lembrou o traballo que se realiza no Grao de Nutrición Humana e Dietética así como o traballo da Escola de Hostalería do Instituto de San Xillao.

Durante a súa intervención Carballo lamentou a falla de visión da administración local á hora de potenciar o campus lucense como motor económico do municipio “é un gran erro vivir de espaldas á universidade”. O alcaldable lembrou que “mentres un dos políticos máis representativos do Partido Popular puxo en valor e impulsou á universidade outros amosan un desinterese manifesto en poñer en valor o seu potencial”. “A mellor proba do seu pasotismo témolo no kiosko e no anfiteatro abandonado que reciben aos que veñen a Lugo e entran polo Campus pola rotonda da Nacional VI coa confluencia con Alfonso X”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies