Lugo en marcha

Carballo presenta un equipo renovado de persoas comprometidas e dispostas a traballar para poñer a Lugo en marcha

By 9 Abril, 2019Abril 11th, 2019Sin comentarios

Ramón Carballo presentou a súa candidatura como “un equipo profundamente renovado e preparado para gobernar Lugo”. “É o equipo gañador que Lugo precisa para sair da parálise na que se atopa. Despois de 20 anos de socialismo é preciso un cambio e o único partido que pode activar Lugo é o Partido Popular”, salientou.

O alcaldable definía ao seu equipo como “un grupo de xente multidisciplinar con experiencia e prestixio profesional en diferentes sectores”. “É unha candidatura equilibrada de homes e mulleres cuxa media de idade é de 45 anos”.

Nos 13 primeiros postos que se necesitan para a maioría incorpóranse 11 caras novas polo que a renovación é dun 85% con respecto á anterior candidatura.

Á médica de familia, María del Carmen López Silva (número 2), que traballa na Plaza del Ferrol e no PAC de Fingoi, é unha das novidades á que se suman outras caras novas relacionadas co mundo da educación tanto universitaria como de formación profesional. Trátase da profesora de universidade Beatriz Isabel Váquez Belda (número 4), reputada investigadora e responsable técnico do laboratorio de hixiene, inspección e control de alimentos e Sagrario Sánchez Ramil (número 6) xefa de área de administración e xestión do CIFP de As Mercedes e profesora de formación profesional na familia de instalación e mantemento.

Outras incorporacións son as de Oscar Poy Franco (número 7). Encargado de compras e responsable nunha sala de despece dunha industria cárnica. A este activo colaborador do Partido, súmase outra persoa moi implicada co proxecto do PP e moi querida na comunidade educativa que é o profesor do Colexio dos Salesianos Javier Vázquez Prado (número 8). A Xefa territorial da Consellería de Política Social, María Cristina Abades Martínez é a seguinte na lista (número 9). Outra das incorporacións é a do veterinario e xefe de servizo de Industrias Agroalimentarias Rafael Manuel Pérez Prados (número 10).

Completan os trece primeiros postos a socióloga Mar Carballas Piñeiro (número 11) que na actualidade traballa como xestora laboral; o oficial do rexistro da propiedade, Agustín Francisco Pérez-Batallón Ordoñez (número 12) e a avogada Eugenia Vizcaíno Gómez (número 13).

Da anterior etapa repiten os concelleiros Antonio Ameijide (nº3) y Manuel López (nº5), Ángel Trabada (nº14) e pechando, de xeito simbólico, María de los Ángeles Teijeiro (nº25).

O alcaldable rematou o acto asegurando que “ainda que este é o mellor equipo, necesitamos da forza de todo o partido para conseguir o obxectivo que non é outro que conseguir a alcaldía do Concello de Lugo e o gobernó da Deputación. Nos sós non chegamos”. Carballo agradeceu a todos os que forman parte do partido e que asistiron ao acto de presentación da candidatura “o traballo diario que levan a cabo como correa de transmisión das propostas e das mensaxes do Partido Popular”.

#EquipoPP #Municipais2019

1. Ramón Carballo Páez. Veterinario de profesión e político por devoción. Gran experiencia na administración pública, pertence ao corpo superior da Xunta de Galicia dende o ano 1994. Foi Subdelegado del Gobierno en Lugo durante seis años e na actualidade é o xefe territorial da Vicepresidencia de la Xunta de Galicia.
2. María del Carmen López Silva. Médico de familia na Plaza del Ferrol e no PAC de Fingoi. Ocupou o posto de directora asistencial da xerencia de atención primaria entre os anos 2012 e 2013
3. Antonio Ameijide Osorio. Enxeñeiro de Obras Públicas especializado en Transportes y Servicios Urbanos. Traballou como autónomo e como xefe de obra pública. Voceiro do Grupo Popular dende o ano 2017.
4. Beatriz Isabel Vázquez Belda. Licenciada en Ciencias Biolóxicas. Profesora de universidade. Investigadora e responsable técnico do laboratorio de hixiene, inspección e control de alimentos.
5. Manuel López Fernández. Enxeñeiro Técnico Agrícola. Traballou no en empresas do sector lácteo. Concelleiro responsable zona rural de Lugo dende o ano 2007.
6. Sagrario Sánchez Ramil. Enxeñeira Técnica Industrial na especialidade de química industrial. É profesora e xefa de área de administración e xestión do CIFP de As Mercedes.
7. Oscar Poy Franco. Traballador no sector da industria alimentaria. Desempeña posto de encargado de compras e responsable da sala de despece e atención ao público.
8. Javier Vázquez Prado. Profesor do Colexio dos Salesianos dende hai 23 anos. Vicesecretario de programas e xuventude na xunta local de Lugo e coordinador da mesa sectorial de educación.
9. María Cristina Abades Martínez. Licenciada en dereito. Na actualidade, Xefa territorial da Consellería de Política Social. Experiencia na administración local xa que foi secretaria no concello e na deputación
10. Manuel Rafael Pérez Prados. Xefe de servizo de Industrias Agroalimentarias de Medio Rural. Traballou como veterinario clínico, foi inspector veterinario de matadoiros e xefe do laboratorio Medio Rural.
11. Mar Carballas Piñeiro. Socióloga. Na actualidade traballa como xestora laboral. Foi secretaria de Novas Xeracións e responsable da comarca de Lugo a nivel provincial.
12. Agustín Francisco Pérez-Batallón Ordoñez. Licenciado en dereito. Leva 28 anos exercendo como oficial do rexistro da propiedade. Gran aficcionado á caza é un gran amante do rural.

13. Eugenia Vizcaíno Gómez. Licenciada en dereito. Na actualidade prepara oposicións ao Corpo de funcionarios da administración local. Ocupa diferentes postos dentro de Novas Xeracións.
14. Ángel Trabada Gómez. Funcionario da deputación provincial. É concelleiro responsable de obras. Presidente da Asociación de Amigos del camino.
15. Lucía Díaz Martínez Traballa en proxectos de voluntariado con diferentes asociacións de animais da provincia de Lugo a través de redes sociais. Experiencia en ventas e monitora deportiva.
16. Alejandro Pena López-Boado. Empresario do sector farmacéutico e opositor á policía local. É o presidente de Novas Xeracións.
17. Carlos Vázquez Pena. Licenciado en dereito e Presidente da Asociación de Conturíz, unha das máis activas do rural.
18. Gloria Enríquez Sanjurjo. Enfermera especialista en xeriatría. Na actualidade é a supervisora da EOXI de Lugo, Cervo e Monforte.
19. Zoila Marina Sánchez Gómez. Licenciada en administración e dirección de empresas con experiencia en postos de asesoramento en Concello e Subdelegación además de entidades privadas.
20. Mauro Rodríguez Baliña. Ordenanza na tesourería da Seguridade Social. É un exemplo de afán de superación. Conseguiu o oro en 100 e 200 metros mariposa
21. Lorenzo García González. Enfermeiro no HULA. Foi Presidente de Novas Xeracións e concelleiro durante o mandato de 2003 a 2007.
22. María Cristina Cadórniga Vega. Farmacéutica do barrio da Ponte.
23. Sofía López Linares. Médica de familia e xefa de servicio en Illas Canarias. Presidenta de AFAMER GALICIA e concelleira en Quiroga 1995-2006 e en Lugo 2007-2011
24. Luis Asorey Daviña. Arquitecto. Concelleiro de urbanismo entre os anos 1983 a 1987.
25. María de los Ángeles Teijeiro. Traballadora Social e experta en Igualdade e violencia de xénero. Concelleira dende o ano 2011-2019 e Deputada Provincial entre 2015-2019

SUPLENTES

Francisco Javier Vázquez Nodal
María José Blanco Freire
José María Carballido Carballido
María Asunción de la Cruz Núñez Magdalena
José Manuel Blanco Vila
Bárbara Quintas Cuña
José Abuín Permuy
María Belén Ferrero Rodríguez
Alfonso Otero Ibias
María Salud Pereira Núñez

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies