O candidato do Partido Popular, Ramón Carballo “nun exercicio de transparencia e participación” puxo esta maña en marcha a que será a súa oficina móvil durante a precampaña e a campaña do 26M”. “Percorrerei toda a cidade, barrio a barrio e negocio a negocio para explicar como quero que sexa o Lugo do futuro” aclarou o alcaldable popular.

“Sábedes que son unha persoa que prefire a proximidade, o contacto directo coa xente, a distancia curta fronte a parafernalia” engadindo que “a miña campaña vai ser, basicamente, así: cara a cara. Quero que a xente me vexa e poida mirarme aos ollos para ver que non hai conto ningún en canto compromiso adquiro no meu programa; non hai nada nas propostas que fago aos lucenses que non sexa realista, executable e posible no marco orzamentario do Concello” explicou o alcaldable.

Con esta acción na rúa, que se presenta baixo o paraugas de #APédeRúa con Ramón Carballo, o candidato do Partido Popular e mailo seu equipo atenderán a todo aquel veciño o veciña, entidade do tecido social que queira coñecer máis en profundidade o contido dos nove eixos do #LugoenMarcha de Ramón Carballo. “Dende este mesmo momento irei porta a porta, casa a casa, comercio a comercio, lucense a lucense, tanto na cidade como na zona rural. Chegarei a tantas portas e lucenses como me sexa posible. E a onde non chegue eu, chegarán os membros da miña candidatura” manifestou.

O primeiro acto desta campaña de proximidade, que se desenvolveu hoxe entre ás once da mañá e deica ás nove da noite na Praza Maior, vén a ser como unha xornada de portas abertas na rúa para divulgar o contido do proxecto de cidade deseñado polos populares.

Ramón Carballo sinalou que “esta acción ten por obxetivo  seguir recollendo ideas dos cidandáns” xa que “queremos confeccionar un programa 100% participativo e que sexa vivo ata o último minuto xa que o futuro de Lugo depende do que os lucenses queramos ser e a onde queramos chegar”.

O alcaldable incidiu en que o modelo de cidade que presentamos pretende ser “un proxecto compartido con todos os que nos sentimos orgullosos de Lugo e que temos o reto e a responsabilidade de recuperar a boa imaxe do municipio” en alusión aos continuos problemas de xestión que están danando a imaxe institucional do Concello de Lugo.

O alcaldable do PP foi, esta semana,  o primeiro dos candidatos á alcaldía en presentar o seu proxecto de cidade o que avala “o seu coñecemento do municipio, a súa experiencia de xestión e as ganas de gobernar Lugo para sacalo da parálise na que está inmersa logo de catro anos de goberno socialista”.

Leave a Reply

one × two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies