Carballo comprométese a mellorar a climatización dos centros sociais de Lugo onde os seus usuarios se queixan da temperatura

By 28 Xaneiro, 2019 Lugo en marcha

O candidato á alcaldía do Partido Popular Lugo visitou os sete centros sociais onde trasladou aos seus usuarios algunhas das medidas que incluirá no seu modelo de cidade. Ramón Carballo considera que “hai que facer un esforzo por adaptar as políticas municipais dirixidas aos maiores á realidade social actual”.

Tras coñecer o funcionamento destas instalacións municipais o alcaldable propuxo, entre outras cousas, facer un investimento para garantir un sistema de climatización axeitado nestes edificios xa que “hai algúns como o da Milagrosa onde os usuarios non se poden quitar as bufandas e abrigos en inverno, mentres que noutros, como o de Leiras Pulpeiro cando vai calor é sofocante estar dentro”. Ramón Carballo explicou que tamén se reporá o mobiliario deteriorado e se mellorará a limpeza “hai que coidar os detalles e facer unha supervisión continua destas instalacións”. Os populares indicaron que outro aspecto no que hai que traballar é na unificación das normas de funcionamento “no PP queremos que todos os lucenses, vivan no barrio que vivan, poidan disfrutar deste servizo no mesmo horario e que os criterios de acceso ás actividades sexan os mesmos para todos”.

O popular tamén aposta por renovar as actividades que se ofertan explicando que desenvolverá un Plan de dinamización senior cunha programación que promova a autonomía persoal e previndo a dependencia mediante o exercicio físico e o desenvolvemento cognitivo.

A gratuidade do transporte público para os maiores de 65 anos e incrementar esforzos para favorecer a mobilidade e a accesibilidade dos maiores eliminando as máximas barreras arquitectónicas que dificulten os desprazamentos pola cidade forman parte das medidas para poñer un Lugo en marcha para facilitar e mellorar a vida dos maiores.

Entre os recursos e servizos dirixidos a este sector da poboación traballaremos para incrementar e mellorar os servizos de atención e protección dos maiores vixiando a sua calidade especialmente dos prestados mediante contrato de servizos externalizados (Axuda no Fogar, Centros de Día, Xantar no fogar…)

Responder

fifteen − six =