Carballo afirma que Méndez “aparcou” durante estes 4 anos as políticas de mobilidade en Lugo

By 8 Febreiro, 2019 Lugo en marcha, Sen categoría

O candidato do Partido Popular Ramón Carballo visitou negocios e empresas do entorno da praza de Augas Férreas para trasladar a empresarios e veciños as súas propostas en materia de mobilidade para o barrio. Ramón Carballo afirmou que “os problemas de aparcamento son unha constante na zona” indicando que “previsiblemente, se agravarán cos novos bloques de vivendas que se están a construír nas inmediacións desta praza pública”.

Para o alcaldable do PP “é necesario anticiparse e levar a cabo un estudo do tráfico do contorno do barrio para aumentar prazas así como reordenar o tráfico do entorno da Praza. Nas rúas de Cantigas e Flores e Círculo das Artes propoñemos suprimir un dos dous carrís que teñen para reconvertilos en zonas de aparcamento “deste xeito gañaríamos espazo para estacionar e quedaría un único carril máis amplo para a circulación rodada”. Na rúa Camilo José Cela o que propoñemos é que unha das bandas de estaciomento en liña se cambie por estacionamento en batería gañando máis prazas.

“Está claro que este barrio medrou en número de residentes, e que tamén hai moitas empresas e pequenos negocios polo que se rexistra un gran volume de tráfico unido aos vehículos de empregados e lucenses que acuden á sede Instituto de la Seguridad Social que hai na zona”, reflexionou Carballo. Un barrio como este, en constante crecemento, ten problemas diarios de aparcamento polo que é necesario que dende o goberno local se dea unha solución.

Independentemente desta proposta puntual, de ampliar prazas de aparcamento nas inmediacións da zona Augas Férreas, o alcaldable puxo de manifesto que “se chegamos á alcaldía afrontaremos con seriedade, e con solucións globais, o problema da mobilidade en Lugo xa que hai moitos retos de futuro pendentes logo de que o PSOE fixese cero avances neste eido nos últimos 20 anos”.

Para o alcaldable “salta á vista que nos últimos anos foron in crescendo os problemas de tráfico e de mobilidade en Lugo” culpando desta situación ao desinterese dos socialistas que “aparcaron as políticas para potenciar o uso do transporte público, que desaproveitaron oportunidades de promover programas de protección ao peóns, entre outros”.

Outra das peticións que lle trasladaron ao alcaldable foi a da cobertura do parque infantil. Carballo asegurou que agarda que, antes de que se conclúa o mandato, sexa unha realidade. O alcaldable lembrou que esta iniciativa “foi un compromiso que se incluíu a proposta do PP no Plan de Investimentos que PP e PSOE aprobaron en xuño de 2014 e que sistematicamente reiteramos nos sucesivos orzamentos municipais”.

Responder

sixteen − ten =