Lugo en marcha

Carballo afirma que a parálise de Méndez é xa crónica e que as novas polémicas de 2019 continúan afundindo a imaxe de Lugo

By 23 Xaneiro, 2019Xaneiro 24th, 2019Sin comentarios

O candidato do PP por Lugo Ramón Carballo participou no acto de presentación de candidatos das sete grandes cidades que tivo lugar en Santiago

Carballo dixo sentir vergoña de que “nestes primeiros días de 2019 o nome de Lugo fose nova, a nivel estatal e galego, por protagonizar polémicas que danaron gravemente a imaxe do concello”. “Os lucenses estamos moi preocupados e, tamén, moi cansos da parálise e das meteduras de pata da socialista Lara Méndez” concluíu.

O candidato do PP enumeraba, unha a unha as controversias negativas que puxeron a Lugo no punto de mira afirmando que “Lara Méndez empezou o ano, tal e como o rematou, con moi mal pé”. Para Carballo “é inadmisible a falta de previsión que deixou sen alumeado de nadal a cidade ata ben entradas as festas ocasionando danos irreparables ao pequeno comercio, ou o descontrol que teñen os socialistas das empresas concesionarias co caso que destapamos dende o PP esta mesma semana dunha empresa que xestiona un aparcamento público e que leva 8 anos de impagos sen que o concello se enterase, tamén é chamativo o malestar dos funcionarios municipais que por primeira vez en 40 anos protagonizan manifestacións, e é sangrante o baile de ata cinco responsables distintos da policía que rexeitan a xefatura deixando este servizo esencial ao borde do colapso”.

O alcaldable insistiu en que “Lugo merece solucións para frear o desgoberno e a herencia envenenada que nos deixan os 20 anos de gobernos socialistas e de pactos de grupos da esquerda”.

Carballo lembrou que a eficiencia, a ilusión e o futuro son os tres conceptos sobre os que xiran os nove eixos do modelo de cidade de Lugo en Marcha no que estamos traballando. “Temos que contaxiar ilusión e ser capaces de aportar solucións de futuro para que os nosos fillos poidan quedar a traballar e a vivir en Lugo” asegurou.

“Está claro que ante este déficit de xestión é necesario un cambio e que ante a parálise que se vive no meu concello é necesario un proxecto de modelo de cidade. Por iso eu quero ser alcalde para poñer Lugo en marcha e conseguir que ocupe o lugar que merece” manifestou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies