EconomíaTransparencia

Carballo acusa a PSOE e BNG de ocultar a súa política fiscal porque non hai un acordo sobre o modelo de cidade que queren

By 16 Outubro, 2019Outubro 21st, 2019Sin comentarios

O PP esixiu ao bigoberno que inicie “de forma urxente” o proceso para debatir coa oposición as propostas para as ordenanzas fiscais asegurando que “salvo que PSOE e BNG teñan previsto tomar unha decisión unilateral de conxelalas non se entende como, a menos de 3 meses de que remate o ano, se descoñeza cal é a súa política fiscal”

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo esixiu ao goberno local que inicie xa o proceso para actualizar as ordenanzas fiscais pedíndolle que “non espere máis e convoque aos grupos da corporación para para analizar as diferentes propostas.

O popular lembrou que a concelleira de gobernanza dixo que “estaban nelo” pero o certo é que faltan menos de tres meses para rematar o ano e ainda non se nos convocou a nin unha soa xuntanza para presentarnos as ordenanzas.

Para os populares “o feito de que teñamos dous alcaldes con dúas ideas diferentes da cidade podería estar retrasando tanto a actualización das ordenanzas fiscais como os orzamentos para 2019 xa que “cada un quere deixar a súa impronta primando intereses partidistas sobre os intereses xerais”.

Ramón Carballo explicou que esta semana avanzarán as propostas do seu Grupo para mellorar as ordenanzas municipais “se trata de achegas nas que se concilia a situación económica do noso concello e se busca manter o equilibrio financeiro para soster en condicións os servizos públicos e axudar a familias e emprendedores”. “Nun momento no que estamos inmersos nun proceso de desaceleración económica o concello debe ser proactivo. Ten mecanismos suficientes para paliar as posibles consecuencias desta situación” reflexionou.

Por último o voceiro dos populares lamentou que nos primeiros meses de mandato do bigoberno, nin PSOE nin BNG, practicaron unha política de consenso e de diálogo co partido maioritario da corporación e que, polo tanto, a máis lucenses representa. “O PP como sempre acudirá, a cantas reunións se nos convoque, con toda a voluntade constructiva que demostramos desde o inicio de mandato”, indicou.

O popular tamén alertou que “sen as ordenanzas actualizadas non se pode avanzar nos orzamentos xa que é imposible calcular o capítulo de ingresos nas novas contas”. “Por moito que se apuren xa podemos confirmar que Lugo non terá orzamentos en vigor o 1 de xaneiro” razonando que “teñen que cumprirse os prazos regulamentarios de aprobación inicial, exposición pública, alegacións, negociación cos grupos da oposición e convocatoria do Pleno”.

O voceiro popular afirmou que presentará ao bigoberno un documento, como punto de partida, cunha batería de propostas para mellorar as ordenanzas fiscais de cara ao vindeiro 2020 matizando que “o que buscamos é conciliar a situación económica do Concello mantendo un equilibrio financeiro para prestar, en condicións, os servizos públicos e axudar a familias e emprendedores”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies