Antonio Ameijide: “Temos as probas que acreditan as mentiras de Daniel Piñeiro, polo que se tivese algo de dignidade debería desculparse e dimitir”

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que onte o goberno local de Lugo mentía ao asegurar que non recibiran a solicitude de licenza de obra para o antigo xeral ata o 20 de agosto, un mes e dous días máis tarde da data de saída do rexistro da Xunta, algo que “é totalmente falso” e que certificamos dende o Grupo Popular ao presentar o acuse de recibo no Concello o 20 de xullo ás 11:33 horas

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, presentou hoxe os documentos que certifican que o 20 de xullo de 2018, ás 11:33:14 horas, se recibiu no Concello de Lugo a solicitude de licenza e o proxecto de obra para o antigo hospital xeral de Lugo.

Antonio Ameijide explica que a solicitude de licenza coa copia e soporte dixital en cd do proxecto de obra do Centro Integral de Saúde da Residencia se remitiu na data que “onte anunciamos” (18 de xullo de 2018) e “temos o certificado” conforme estes dous envíos se recibiron no Concello de Lugo “o 20 de xullo de 2018 ás 11:33:14 horas”, envíos que se remitiron á atención da alcaldesa de Lugo.

Estes documentos certifican que Lara Méndez e Daniel Piñeiro “minten descaradamente” cando din que non recibiron hai máis dun mes o proxecto, minten na data de recepción e o Grupo Municipal do Partido Popular o demostra. Neste punto o que se chegou só hai dúas opcións “ou son uns mentireiros compulsivos ou son uns irresponsables e ineptos” no exercicio do seu cargo, porque este último punto indica que perderon o proxecto que lles remitiu a Consellería de Sanidade, un proxecto de case 10M€ para o barrio da Residencia.

Antonio Ameijide di que nin Lara Méndez nin Daniel Piñeiro son dignos do cargo que ocupan e, curiosamente, dáse a circunstancia de que ambos están imputados no xulgado e reprobados pola corporación municipal. Especialmente “preocupante” é o caso do concelleiro de urbanismo que onte chamaba “mentireiros” aos concelleiros do Partido Popular, pero dáse o caso “de que é Piñeiro o mentireiro” polo que “se tivera dignidade debería desculparse publicamente e dimitir por volver a mentir a toda a cidadanía”.

 

Proposta de convenio

Antonio Ameijide tamén pon o punto de vista na alcaldesa, xa que Lara Méndez segue sen explicar por que unha proposta de convenio que chegou ao Concello de Lugo o 28 de xuño de 2017 e se remitiu de novo, o 8 de setembro do mesmo ano, coas modificacións que ela mesma solicitara “leva máis dun ano agardaron pola súa resposta e pola súa sinatura” o que certifica o “nulo interese” de rexedora neste proxecto, que “é de vital importancia para os veciños do barrio da Residencia.

Responder

ten + 19 =