Ameijide critica que a incapacidade de escoitar da alcaldesa fai que incumpra o 96% dos acordos de pleno impulsados polo PP

By 6 Agosto, 2018 Economía, Outros

O voceiro popular Antonio Ameijide denuncia que o 96% das 99 proposicións que presentou o Grupo Popular neste mandato e que foron aprobadas polo pleno seguen en punto morto pola “incapacidade, desinterese e soberbia do goberno socialista”. “A alcaldesa e os seus se cinguen a dar largas, e trasladar a responsabilidade de decisión e desenvolver as iniciativas aprobadas aos funcionarios, cando estes reclaman instruccións claras, dacordo cos informes que obran nos expedientes”. Nun destes informes do xefe de servizo de contratación expón “deseariamos saber como debemos ejecutar dichos acuerdos …” quedando patente la falta de dirección política neste Concello.

 No informe que presentou Ameijide subliñou que tan só se cumpriron catro das iniciativas (o acondicionamento da rúa Agro do Granxeiro, a da constitución da Comisión Dusi, aplicación do desconto no recibo do lixo por mor da folga así como a da declaración de especial interese das actividades agrícolas e gandeiras); sete das proposicións aprobadas polo pleno a instancias do PP estan en vías de execución (construción de ascensores Sagrado Corazón y Fontiñas; constitución Comisión Garañón; aplicación medidas fiscais para fixación da poboación rural; limpeza e eliminación vertedoiro do Carqueixo …) e por último hai, neste momento, 88 incumprimentos de iniciativas tan importantes como a da creación dun plan específico de intervención contra os gorrillas, a posta en marcha dun sistema de rotación do estacionamento gratuíto, municipal e xestionado dende o Concello para reemprazar a ORA, o redeseño integral do transporte urbano así como a gratuídade deste para menores de 18 anos a imitación do que fai a Xunta de Galicia ou o desdobramento e iluminación de Duquesa de Lugo.

O voceiro popular salientou que a reunión de hoxe “foi o retrato perfecto da parálise, desorientación e indefinición na que están instalados os concelleiros deste goberno” matizando que “a reunión limitouse a dar lectura dun informe”.

Ameijide acusa a Lara e aos seus concelleiros de evitar adoptar decisións e de trasladar aos funcionarios a responsabilidade de desenvolver as iniciativas aprobadas e puxo como exemplo a actualización do inventario de camiños rurais e ordenanza ou a elaboración dun sistema aberto de adquisición para contratos menores xa que “en ambos casos dan carpetazo ao expediente presentando o papel de recibí que firma o funcionario cando o que deberían é dar instruccións precisas e claras de cómo cumprir o acordo para que o departamento en cuestión se poda encargar destas tarefas”.

É chamativo tamén que presuman dun plan de barrios e exclúan do seu plan de acción a zona do rural ninguneando iniciativas como a do abastecemento e saneamento en Conturiz, Cardoso ou a núcleos de Orbazai; certas zonas da cidade como o abastecemento de rúa Miñato e o seu entorno ou a revisión da seguridade viaria en cruces perigosos; as actuacións na rede de drenaxe para evitar inundacións; a creación dun aparcadoiro no Paseo do Miño; a creación de caniles; a mellora das instalacións deportivas; a mellora e ampliación dos parques periurbanos e a creación de tres novos parques infantís e biosaudables.

O voceiro popular lamenta que “a alcaldesa siga sumerxida nun mundo paralelo no que tenta culpar a outras administracións da sucesión de erros e problemas que o goberno socialista xerou e que provoca que os lucenses non poidamos disfrutar do rio, hoxe tivo que resignarse e recoñecer a realidade e os seus erros”. Ameijide criticou a falta de autocrítica dos socialistas logo desprazar 800 metros a  ubicación desta dotación, ou o feito de que non correxise, en tempo e forma, os seis puntos que se lle esixían nun informe, dos que só corrixiu un.

Este é outro dos proxectos mal documentados e mal tramitados nos que a socialista demostrou a súa falta de dilixencia e eficacia e o mesmo ocorre coa implantación do transporte público e co futuro da ORA.

Ameijide ve unha tomadura de pelo que “a alcaldesa aprace o futuro da ORA ao funcionamento dos parkings disuasorios” e que intente culpar á oposición do caos de tráfico que hai na cidade cando “foi a alcaldesa a que asinou o decreto que suspendía este sistema e xa pasaron tres anos sen que ofreza unha alternativa para solucionar esta situación”.

Por outra parte, o popular criticou que Méndez “se peche en banda a negociar coa oposición a implantación do novo modelo de transporte dous anos despois da súa contratación”. O Partido Popular presentou ata tres iniciativas para mellorar o seu funcionamento sen que os socialistas desen nin un só paso nesta dirección “parece que se avergoña de poñer en marcha a súa propia reestructuración e segue empeñada en pecharse en banda a negociar coa oposición as suxerencias que temos”.

Ameijide concluíu “a alcaldesa continua obcecada en bloquear a mobilidade da cidade: nin quere un modelo de rotación gratuíto de aparcamento para facilitar o estacionamento, nin quere que os lucenses disfrutemos dun transporte do século XXI e prefire que os buses sigan

Responder

twenty − 17 =