Os populares desvelaron que a Valedora do Pobo reclamou en setembro que socialistas e nacionalistas lle “facilitasen información sobre os problemas que motivaron a queixa dunha lucense, desta parroquia lucense, que denunciou que se privou a catro veciños desta mellora na vía de acceso as súas vivendas”

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular asegura que o rural de Lugo é outra vítima  dos desencontros entre PSOE e BNG  nesta ocasión a conta da fala de delimitación de competencias. A denuncia dunha veciña a quen lle deixaron sen asfaltar o acceso de catro vivendas chegou ata a Valedora do Pobo quen vén de requerir información ao goberno local para que “faciliten información sobre os problemas que motivaron a queixa dunha lucense”.

O caso de Piugos, denunciado polo PP, consiste en que “nos dous proxectos que se fixeron aos accesos a Pena de Mula, na parroquia de Piugos, non se planificou o asfaltado en quente dun treito de 150 metros que da aceso a catro vivendas”. A obra foi feita polo departamento de vías e obras, que depende do BNG, pero á hora de resolver a cacicada o afectado ten que dirixirse a medio rural, que depende do PSOE.

Para o concelleiro popular Manuel López “os conflictos entre áreas de distinto signo político veñen a ser como os cambios de marcos que se fan no rural, neste caso, para ampliar ou reducir a súa parcela de poder”. O popular quere que, dunha vez por todas PSOE e BNG, aclaren “onde e de quen son os marcos” preguntándose se “os cambian de noite ou de día” en alusión á necesidade de marcar os lindes con precisión para evitar as molestias aos veciños, tal e como sucedeu nesta obra municipal de Piugos.

Dende o Grupo Popular reclamarán acceso ao informe que ten que elaborar o concello de Lugo para facer un seguimento da reclamación que vén de facer a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño.

Leave a Reply

4 + 6 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies