Seguridade

O PP propón zona 30 no contorno dos centros escolares e instalacións deportivas

By 28 Febreiro, 2018Sin comentarios

O vicevoceiro popular Enrique Rozas insiste na necesidade de levar a cabo un Plan Integral de Protección “que se desenvolva en tres direccións: a limitación da velocidade, a incorporación de dispositivos luminosos ou balizas led para sinalar os pasos de peóns das inmediacións destas infraestructuras; e o desenvolvemento dunha campaña intensiva de repintado e a substitución da sinalización deteriorada”

O Grupo Municipal do Partido Popular quere que o goberno local reforce as medidas de seguridade vial no entorno dos centros educativos da cidade así como nas inmediacións das instalacións deportivas.

O vicevoceiro popular Enrique Rozas propón actuar en tres direccións: “a primeira sería establecer a zona 30 nas inmediacións dos colexios e institutos da cidade” xa que na actualidade no chequeo que realizamos comprobamos que, salvo en un par de excepcións, se limita a velocidade a 40 quilómetros hora. O vicevoceiro popular explicou como “diversos estudos sinalan que coa limitación a 30 quilómetros hora redúcese, á metade, o risco de sufrir un accidentes, e que as persoas con mobilidade reducida poden cruzar a rúa dun xeito máis seguro, así como, que o tempo de reacción e frenado dos automovilistas ante situacións inesperadas, duplícase.

A segunda medida que propoñen dende o grupo popular dentro deste plan integral para protexer aos escolares e usuarios de instalacións deportivas de Lugo sería “a instalación progresiva de pasos de peóns intelixentes ou luminosos para facelos máis visibles”. “Trátase dun sistema co que se alertan aos conductores, a través duns dispositivos luminosos situados no lateral dos pasos de peóns, da presenza de peóns na rúa”, matizou Enrique Rozas.

O terceiro eixo no que hai que actuar, dentro deste plan integral de protección e seguridade vial, é no mantemento da sinalización tanto vertical como horizontal. Enrique Rozas poñía varios exemplos onde os pasos de peóns están prácticamente borrados como son os situados no Colexio Albeiros ou os do Colexio das Mercedes; tamén citou casos onde os sinais están deteriorados como, por exemplo os que hai no entorno do Colexio Menéndez Pelayo. “Noutros lugares hai unha clara escasez de sinalización horizontal como nas inmediacións do Instituto Leiras Pulpeiro onde só hai un único sinal á entrada da rúa Orquídea. No caso do Colexio das Gándaras os populares preguntan para cando a construción da beirarrúa para evitar que os estudiantes teñan que ir pola calzada para acceder ao centro”.

Con respecto ás infraestructuras deportivas os populares puxeron como exemplo o campo de futbol das Gándaras onde a limitación é de 50 km/hora así como o entorno da zona deportiva das Pedreiras.

“O goberno local non debería permitir que se deteriore esta sinalización xa que estamos falando de zonas con gran afluencia de rapaces e rapazas polo que o mantemento debería ser continuo para evitar casos de mala visibilidade polo borrado da pintura do pavimento”, concluíu Rozas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies